‘A Estrela de Oriente’ de Pemón Bouzas
El mito de los Reyes Magos transmite valores a niños de cualquier religión. Es el primer libro infantil del periodista gallego
«No saben ustedes qué sorpresa se van a llevar. Sólo a un gran escritor, y éste es el caso, le resulta fácil renovar una historia miles de veces contada.» Xurxo Fernández.
- Nº Páginas: 64
- Editorial: Xerais
- Temática: Infantil y Juvenil
- Lengua: Gallego
- Formato: Tapa blanda
- ISBN: 9788499144320
- Año edición: 2012
- Ilustrador: Marcos Calo Bermúdez
Sinopsis
Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo de bandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermosos cabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados e sabios. É recollido polos homes de Apelio, xefe das tribos que habitan as altas montañas de Oriente, quen lle explica que están alí para cumprir unha antiga profecía. Únense a eles Amerio, príncipe de todas as tribos do sur, onde se atopan as fontes que enchen de auga os grandes lagos de África e o Nilo, e Malgalath, druída das nacións celtas do norte, transportados prodixiosamente ata ese lugar dende as súas afastadas terras. Os tres, acompañados polo pequeno Aziz, seguirán a Estrela de Oriente, no seu camiño cara a Belén, por ver de atoparen e agasallaren o novo Rei de reis acabado de nacer. A Estrela de Oriente fálanos dun dos grandes mitos de Occidente, os Reis Magos, retratados por Tiziano, Velázquez ou Rubens, que representan para a infancia un dos misterios máis extraordinarios, un dos referentes do calendario, nos que está presente a ilusión, a maxia, a fantasía. Nesta obra destacan aspectos moito máis universais que os que poidan reflectir ideoloxías ou relixións, como a solidariedade, a relación entre culturas e diferentes etnias ou o compromiso.
Pemón Bouzas ten unha débeda eterna coa súa avoa Tita, quen xuntaba os netos entre lusco e fusco para contarlles contos que antes lle contaran a ela seus avós. Aquelas historias marcaron nel un apaixonamento pola fantasía, pola tradición e polas lendas galegas. As vellas tarxetas postais que enviara o avó Ramón nas que se vían lugares exóticos tan afastados que semellaban estar noutro planeta fixeron que quedase infectado polo virus de coñecer mundo, de querer descubrir aquelas cidades que máis tarde visitaría: Nova York, San Francisco, Caracas, El Callao ou mesmo Homer en Alaska. Grazas ao entusiasmo dos seus, particularmente da súa nai Choncha, que para iso era mestra, viaxou dende moi neno por paraísos retratados polos grandes da literatura e coñeceu personaxes que fixeron que callase nel a épica. Pemón Bouzas quixo que ese legado adquirido chegase tamén á súa filla Eri, a quen todas as noites el e María lle lían contos, fragmentos de diarios de viaxes e mesmo páxinas dos libros que eles estaban a ler. E decidiu que tiña que escribir para ela. Pemón Bouzas ten varios libros publicados, entre os que destacan as novelas El informe Manila e Las luces del norte.
Publicado el enero 17, 2013 en De Europa, En España, En Galego, Inicio, Novedades. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.
Deja un comentario
Comments 0